Medias Verdades

Linguas azuis fóra

Mayo 17, 2008 · 2 comentarios

Hoxe é o Días das Letras e como boa galega vou escribir o post nesta lingua. Síntoo polos que non sodes galegos pero creo que enténdese bastante ben e non creo que haxa ningún problema. O pobo galego dedícalle o día a Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915-Vigo, 1985) un escritor, arqueólogo, investigador e editor galeguista que pertenece a unha longa saga de escritores. Blázquez destaca entre outras cousas por fundar varias editoriais: Editorial Monterrey e as Edicións Castrelos (cos seus irmáns) no que destacan as coleccións de O Moucho, os libros do pobo para o pobo.

Hoxe tamén celébrase o Día de Internet e o Día Mundial das Telecomunicacións. Galicia rompeu a brecha que tiña no 2005 sendo unha das comunidades máis deficitarias no sistema de conexión coa Rede. Sen embargo, esa brecha cicatrizou e as iniciativas da Administración por dotar a comunidade cun servizo de información adecuado fan que Galicia se sume ao resto das comunidades en conexión a Internet.

Feliz día a todos! 

Categorías: General
Etiquetado: , , ,

2 respuestas hasta el momento ↓

  • Joputa // Mayo 17, 2008 a 4:01 pm | Responder

    Galicia, capital Pazo de Meirás.

  • tSf // Mayo 18, 2008 a 2:29 pm | Responder

    Ola, gustoume o teu blog, seguireite de cerca !!!

    Nachtwey para min é o mellor fotoxornalista da historia !!!!

    Ten un libro chamado ” INFERNO” onde recopila todas as fotografías de denuncia social de todos os lugares onde estivo…alucinante…!

    Apertas. !

Dejar un comentario